Inauguración da exposición de TOÑO MONTEIRO

TERRAS DE OESTRIMNIA

CENTRO COMARCAL DA MARIÑA CENTRAL

02 de Novembro, 18:00h.

A escultura de Toño Monteiro é unha mestura do cubismo e a linguaxe expresionista e con certas pinceladas oníricas do surrealismo.

Do seu mestre Xaime Quessada oíu historias dos Oestrimnios, lendarios poboadores das terras galegas que inspiran a exposición Terras de Oestrimnia. En palabras do propio artista "transformando estas antergas tribos en Druídas, Fadas, Trasnos, Musas, Deuses, entre outros seres da nosa cultura mitolóxica, compuxen TERRAS DE OESTRIMNIA. E así poder mergullarvos neste mundo máxico e onírico onde estas ancestrais tribos conviviron no pasado, poñéndolle un pouquiño de imaxinación para poder transportalas ao noso mundo moderno"

A exposición inaguraráse no Centro Comarcal A Mariña Central (Mondoñedo) o día 2 de novembro ás 19:00h. O artista convida ós veciños a asistir ó acto de presentación da súa obra, a continuación do cal se servirá un viño Joaquín Rebolledo de Valdeorras.

 

 

 

 

Centro Comarcal A Mariña Central

Julia Pardo, 13

27740 Mondoñedo

982 889 301