QUENDAS 2009

SÁBADO 2

Actuación de la agrupación folklórica PENA DO GOLPE en la plaza del ayuntamiento.

VIERNES 1

Festival de de la escuela municipal de música O PALLAREGO.

 

El día grande fotografías de la feria y la degustación de empanadas en el campo de la fiesta.

JUEVES 30

Salida del ayuntamiento la comitiva formada por las autoridades,pregoneiro,miembros  de la comisión de fiestas reina de las fiestas y damas junto con los cabezudos y grupo de gaitas.

Acto seguido en el auditorio PREGÓN pronunciado por MAURO LEIVAS y actuación del  ORFEÓN DE LA SOCIEDAD DE OBREROS DE MONDOÑEDO.

 

PROGRAMA DAS FEIRAS E FESTAS DE

“AS QUENDAS 2009“

XXVI  FESTA DA EMPANADA- 30 DE ABRIL, 1,  E 2 DE MAIO

XOVES, 30 DE ABRIL

Ás 19.00 horas un gran espectáculo de son consistente no disparo de potentes bombas de palenque  anunciarán o comezo das feiras e festas de “As Quendas 2009“.

Dende a Casa do Concello, ás 19.30 horas, a Comitiva formada polas Autoridades, Pregoeiro, Membros da Comisión de Festas,  Raíña das Festas e Damas, xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“ desprazaranse cara ó AUDITORIO MUNICIPAL PASCUAL VEIGA onde terá lugar o PREGÓN pronunciado por o creativo MAURO LEIVAS.

Acto seguido o ORFEÓN DA SOCIEDADE DE OBREIROS DE MONDOÑEDO deleitará ó público asistente cunha actuación.

Xa entrada a noite, ás 21.30 horas, un disparo de potentes bombas anunciará a festa - verbena na Alameda para disfrutar todos ó ritmo e ó son de SUAVECITO  e  SINTONÍA DE VIGO .

VENRES, 1 DE MAIO (XXVI  FESTA DA EMPANADA)

A xornada no día grande das Quendas, dará comezo ás 10.30 horas cando un disparo de potentes bombas anunciará a saída da Raíña das festas e as Damas xunto cos Cabezudos e o Grupo de Gaitas “OS REICHOS“ cara á Feira de Gando.

Xa na Feira, procederáse á APERTURA DO RECINTO FEIRAL ás 11.00 horas.

Unha hora máis tarde, ás 12.00 horas, na Alameda terá lugar a DEGUSTACIÓN E VENDA DE EMPANADAS de varios tipos, elaboradas artesanalmente polos panadeiros e pasteleiros mindonienses.

No Campo da Feira, ás 13.30 horas, terá lugar a ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO.

 A mañá rematará cunha fantástica  Sesión Vermú que dará comezo ás 14.00 horas na Alameda, amenizada polo grupo musical ALMA LATINA.

Ás 17.30 h. Actuación para todos os públicos do MAGO Lucense XACOBO na Casa da Xuventude.

Ás 20.00 h. Festival da Escola Municipal de Musica “O Pallarego” no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Para rematar o día,  a xoldra continuará na Alameda a partir das 21.30 horas coa música que nos traen  TEKILA E GRAN PARADA.

SÁBADO, 2 DE MAIO

Ao igual que no día anterior ás 10.30 horas un disparo de potentes bombas anunciará o comezo da xornada festiva.

Os seguidores da Sesión Vermú terán a súa cita ás 14.00 horas na Alameda a cargo do grupo JOCKER.

Ás 17.30 horas Teatro infantil coa obra “Chamábanlle Blancanieves” representada e organizado polos membros da Asociación Xuvenil Xoldra. Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ás 19.30 horas Actuación de baile da Agrupación folclórica Mindoniense “PENA DO GOLPE” na Praza do Concello. En caso de choiva, a actuación levarase a cabo no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Para rematala xornada, ás 21.30 horas na Alameda dará comezo a festa - verbena coas orquestras JOCKER E ORQUESTRA DA TELEVISIÓN.

ORGANIZA:

Excmo. Concello de Mondoñedo

COLABORA:

Asociación Cultural As San Lucas

A COMISIÓN DE FEIRAS E FESTAS “AS QUENDAS 2009“ AGRADECE A SÚA COLABORACIÓN E DESÉXALLES

¡FELICES FESTAS!

Visitas