Redacción/Camariñas
Este mesmo luns, poidemos falar coa Presidenta da ASociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, a cal facíanos chegar a súa satisfacción polo éxito acadado unha vez máis con este II Mercado Solidario e que fai consolidalo como unha cita fixa para os vindeiros anos, seguramente nas primeiras semanas de agosto, cando se encontran en Camariñas un gran nº de visitantes e turistas.
Éste domingo, o último día de apertura do mercado solidario, foi cando máis afluencia tivo a carpa situada na explanada do Curbeiro e onde todos os postos poideron presentar gran variedade de productos a moi bo prezo e ademáis con unha colaboración especial con entidades sociais da Costa da Morte (COGAMI) e de Camariñas(ABONDOU) que recibirán o 10% das ventas totais así como todo o recadado no posto da Asociación de Empresarios con productos donados por particulares e negocios de Camariñas. Por certo, a Asociación de Empresarios quere agradecer a colaboración inestimable dos veciños que unha vez máis deron mostras da súa gran solidaridade, adquirindo moitos productos dos distintos postos e contribuindo a axudar as entidades antes mencionadas, así como aos particulares e negocios que donaron productos para o posto da Asociación e contribuindo en gran medida tamén a dispor dunha recadación importante para entregar a colectivos que están a facer unha gran labor social en diferentes ámbitos e colectivos. Importante ademáis e así o destacamos dende o Diario Camariñán da colaboración e traballo dos membros da directiva da ASociación de Empresarios que unha vez máis contribuiron co seu esforzo a levar a cabo e a sacar adiante un evento que edición a edición consigue resultados moi salientables.
O que comezou como unha simple experiencia fai uns meses e que coincidira con un temporal impresionante, feito que non mermou as ventas, agora xa se ve consolidado e onde se poido disfrutar ademáis dun tempo moi veraniego e que animou durante os tres días do mercado a ser visitado por centos e centos de persoas que non quixeron perderse un evento que en cada edición irá a máis.